Casades e queredes algo orixinal e divertido na vosa voda, pois o teléfono dos recordos é o ideal.
Unha alternativa ao libro de firmas tradicional como recordo no que os vosos amigos e familiares vos deixarán fermosas palabras para que despois escoitedes..
Contáctadenos para reservar, necesitamos unha antelación de dous meses dende a reserva ata a data da cerimonia ou evento.
Logo pedirémosvos que nos enviedes o saúdo inicial, o que os vosos convidados van escoitar cando descolguen o teléfono dos recordos.
Dúas semanas antes da data, volveremos confirmar a reserva e enviarémosvos o teléfono dos recordos, xunto con un marco onde aparecerán os vosos nomes e as instrucións para utilizalo.
Unha vez pasado o evento, e teñamos de volta o noso teléfono, prepararemos un pendrive personalizado para enviarvos e que teñades ese recordo para toda a vida.